Wednesday 08 de May de 2024

Nenos e maiores de Touro disfrutan de Iriña Bailarina de Ghazafelhos


 

Nenos e nenas de Touro e tamén os maiores disfrutaron onte pola tarde dunha aventura teatral con Iriña Bailarina de Ghazafelhos. Foi no salón de actos da Casa da Cultura, que estaba cheo ata a bandeira dende xa antes de que comenzara a función. Ghazafelhos representou a obra Iriña Bailarina que aposta pola ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que tolea por saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engorar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou faco. Os maiores e pequenos disfrutaron doutra tarde máis de teatro.